O Club do Mar de San Amaro procedeu á renovación do seu parque de bicicletas de spinning o pasado mes de novembro sustituindo a equipamentos con varios anos de continuidade en clases colectivas diarias. Se ben para este uso considerouse convinte a mencionada renovación, os equipamentos seguen a ser aptos para un uso individual de carácter doméstico. Por iso, despois de realizar unha primeira poxa e quedando cinco bicicletas dispoñibles, procédese á apertura dun novo prazo.

  • As bicicletas de marca Keiser estarán numeradas e dispoñibles para ser probadas por parte dos socios a partir do martes 29 de xullo
  • Durante o período que se detalla no punto seguinte os socios poderán entregar unha oferta por cada unha das bicicletas expostas detallando:
    • Nome apelidos e número de socio
    • Número de bicicleta/s pola que se realizar oferta
    • Cantidade ofertada debendo constar o precio neto e engadindo o IVE correspondente
  • Cada socio poderá realizar ofertas por cada unha das bicicletas expostas aínda que poderá adquirirse únicamente un exemplar por unidade familiar.
  • As bicicletas serán subastadas no seu estado actual o cal deberá ser valorado polo propio socio non habendo garantía algunha por parte do Club do Mar de San Amaro ante calquera incidencia co equipamento logo da súa adxudicación.
  • Os beneficiarios da subasta serán os responsables do traslado dos equipamentos adquiridos.

Calendario:

29 de xullo o 14 de agosto de 2025:

  • Exposición dos equipamentos e disposición para ser probadas por parte dos socios.
  • Entrega de ofertas en sobre pechado nas oficinas do Club do Mar de San Amaro en horario de 09:30 a 19:30 de luns a venres.

19 de agosto de 2025, ás 12:00 horas :

  • Apertura pública das ofertas entregadas e adxudicación se procede
  • Os criterios de adxudicación serán estrictamente de carácter económico para todas as ofertas presentadas en prazo con todos os seus campos cubertos.
  • En caso de empate procederáse a unha segunda oferta entre os implicados que será resolta no mesmo momento.
  • Resolución da subasta

Resolto o proceso, os adxudicatarios poderán retirar os equipamentos “a cuerpo cierto” asumindo o seu estado logo da súa valoración e de proceder ao seu abono nas oficinas da sociedade.

Bicicletas Spinning