CLUB DEL MAR DE SAN AMARO DE A CORUÑA


Polo presente infórmase aos participantes das seguintes novas que teñen que ver coa celebración da 84 Travesía a nado da Enseada de San Amaro o domingo 31 de agosto ás 12:00 horas.

  1. O Comité organizador está a avaliar diariamente a evolución das carabelas portuguesas. Neste sentido onte mércores 27 de agosto foron retiradas 18 carabelas polos servizos de socorrismo da praia de San Amaro. A posible cancelación ou cambio de data da proba será a última opción que baralle a organización pero ante a dúbida será unha prioridade preservar a seguridade dos participantes. Para evitar traslados innecesarios o Comité Organizador fixa como data límite para cancelar ou pospoñer a proba o sábado 30 de agosto ás 20:00 h. Polo tanto remitimos aos participantes a que consulten a información actualizada na páxina web do club clubdelmardesanamaro.com ou nos correos persoais empregados para facer as inscricións.
  1. Por outra banda a previsión meteorolóxica ofrece dúbidas para a montaxe do arco flotante para o control de chegada da proba. De confirmarse que non é posible, a meta estará ubicada nun arco no areal da praia como nas edicións anteriores. No momento de retirar os chips ou en todo caso antes da saída, os participantes serán informados da ubicación da meta pois de ser flotante o chip deberá estar situado no pulso e de ser no areal o chip deberá colocarse no nocello.

Infórmase tamén de que, como en todas as edicións para garantir a seguridade da proba serán dispostos os medios humáns o materiais necesarios, socorristas, embarcacións e unidade móvil.

A proba dispón dun seguro específico de accidentes para todos os inscritos así como dun seguro de RC.